Irixoa modifica as ordenanzas para reducir a velocidade a 30 km/h en Lapido

O Concello de Irixoa

O Concello de Irixoa aprobou inicialmente a modificación da ordenanza municipal de tráfico para reducir o límite de velocidade no viario interior do núcleo de Lapido a 30 quilómetros por hora por se un “tramo de especial perigo”. O Boletín Oficial da Provincia publicou onte o anuncio do cambio na normativa, e a partir de hoxe as persoas interesadas poden consultar o expediente na Secretaría do Concello durante un prazo de 30 días hábiles. O cambio quedará aprobado definitivamente se nese prazo non se presentan alegacións.

Advertisements