O Club HAN´S HORANG-I fai un gran papel no europeo Master de Taekwondo en Luxemburgo

O Club HAN´S HORANG-I participou no europeo Master de Taekwondo en Luxemburgo. O Mestre Seung Han Shin Jang , competía cunha lesion no talon de aquiles, pero ainda así gañou ó opoñente de Francia e así pasar á final, no que non puido ser nesta ocasión a medalla de ouro.

A Mestra Begoña Veiga Rodríguez, na primeira ronda eliminou a á Alemana e na final gañou á Española Brígida Marti. Dous ouros e dúas pratas na primeira xornada do I Campionato de Europa Máster o sábado, que se celebrou en Luxemburgo. Cristóbal Boudjenane do Boudsport e Begoña Veiga (- 49 quilogramos, 35-39) do Han’s Horang-I acadaron a primeira posición, mentres que Seung Han Shin Jang do Han´s Horang-I e Jacobo Ríos do Hebe, foron prata.

O Club Han´s Horang-i de Betanzos participou cos Mestres Seung Han Shin Jang e Begoña Veiga Rodríguez nas suas respectivas categorias, os cales acadaron a medalla de prata e ouro.

Advertisements