Atopan ileso ao mozo de 15 anos que desaparecera o martes

O cuartel da Garda Civil de Betanzos, na praza Alfonso IX

As redes sociais ferveron onte tratando de localizar ao mozo Iago Couceiro logo de que a súa familia e o clube de fútbol no que milita, o Montañeros CF, alertaran da súa desaparición o pasado martes. O mozo fora visto por última vez no coruñés Campo de Marte e onte a Garda Civil localizouno “en perfecto estado”.  Tras despregar un amplo dispositivo, os axentes atoparon ao mozo de 15 anos na estación de autobuses de Santiago de Compostela.

Con axuda das redes sociais, os axentes da Benemérita puideron saber a tempo en que autobús viaxaba e onde tiña previsto baixar despois de confirmar que pedira aloxamento na Coruña.

Advertisements