A Xunta elaborará un Plan para revisar a rede de saneamento

Imaxe dun verquido á ría desde a depuradora municipal de Betanzos o pasado decembro

A Consellería de Medio Ambiente elaborará un plan director para “fixar as necesidades e prioridades” que presenta a rede de saneamiento do municipio de Betanzos, especialmente os colectores xerais, os bombeos e a estación depuradora de augas residuales.

O plan incluirá unha revisión dos colectores entre a zona das Cascas e o barrio da Ribeira; o da Ribeira e Saavedra Meneses; e o destas zonas ata a estación depuradora situada ao final do porto.

Unha vez que estea listo este plan marcaranse as actuacións que se deben executar a curto, medio e longo prazo. Técnicos municipais e a empresa concesionaria do servizo de abastecemento de auga mantiveron reunións con técnicos das empresas que se presentaron ao concurso licitado pola Xunta para mellorar a rede de subministro de auga do municipio, unha actuación que suporá un investimento dun millón de euros en varias anualidades.

Advertisements