As infantís do Santo Domingo poñen o ramo á tempada cunha gran actuación en Copa

As flamantes campioas de liga co seu adestrador

Era o primeiro ano que xogaban xuntas pero sorprenderon a todos co grandísimo nivel amosado. As infantís do Santo Domingo caeron por tres puntos de diferencia ante o Compañía de María (37-40) nun intenso partido marcado polos erros de ambos os equipos, moitas perdas de balón e continuas faltas, despedíndose así do torneo da copa.

Aas mozas chegaron ao último cuarto no trascendental partido na competición do KO cunha vantaxe de cinco puntos, pero os erros defensivos e o acerto rival deron volta ao marcador ata tres puntos de vantaxe para as coruñesas, facendo imposible a remontada malia o esforzo das betanceiras.

Formaron a convocatoria: Marieta, Paula, María, Inés, Tatiana, Lúa, Cinta e Brigitte, coas baixas de Rocío e Tatiana, que conxuntamente veñen de firmar unha excelente tempada. O clube quere destacar “o mérito deste grupo de mozas, e tamén agradecerlles en nome do adestrador, Diego, pola súa actitude, comportamento e compromiso de todas elas, durante todo o ano”.

Advertisements