Dúas persoas detidas en Betanzos por facer xestións documentais sen licenza

Patio interior dos xulgados betanceiros

O equipo de Policía Xudicial da Garda Civil de Betanzos detivo a dúas persoas, un enxeñeiro agrícola e o seu colaborador, como presuntos autores de varios delitos relacionados coa labor realizada desde un bufete que exercía a súa actividade de forma encuberta. Nesta operación foron detidos A.S.S., veciño de Betanzos, e J.F.R., residente en Cambre, aos que se lles imputan entre outros, apropiación indebida, extorsión, falsificación de documento mercantil e estafa.

A Garda Civil asegura que este enxeñeiro agrícola continuou exercendo a súa actividade profesional de forma encuberta pese a atoparse xubilado e sen bufete. Os detidos apoderábanse da documentación que as vítimas lle entregaban e ata reclamaban diñeiro para proceder ao seu devolución. En colaboración con esta segunda persoa, A.S.S. atendía a clientes que recorrían a el con motivo de particións de herdanza, compraventa de fincas, levantamentos planimétricos, tasacións e outras xestións documentais.

A segunda persoa traballaba desde unha oficina situada nunha vivenda unifamiliar de Carral na que figuraba unha placa anunciando estas actividades agrícolas pese a carecer de licenza. Por todo iso procedeuse á detención de A.S.S., quen admitiu os feitos con certos matices e asegurou que a documentación atopábase en poder do seu colaborador e que este a retiña e esixía entregas de diñeiro a cambio do seu devolución. Engadiu que era unha vítima desta persoa, xa que este estendía facturas a nome do detido falsificando a súa firma para posteriormente cobralas quedándose coas contías, o que foi verificado polas declaracións de testemuñas.

Tras localizar ao colaborador, os axentes detivérono. Esta persoa admitiu os feitos, aínda que descargou toda a responsabilidade sobre o anterior detido. O instituto armado continúa coas pesquisas pois podería terse producido algunha fusión entre parcelas con posterior cambio rexistral a nome de entes xurídicos ou terceiros compradores de boa fe.

Advertisements