O goberno local anuncia que amplía o horario da Oficina de Turismo ocultando que a Deputación sufraga o novo persoal

A Oficina de Turismo está baixo a escalinata principal do Edificio Arquivo

A Concellaría de Turismo anunciou que manterá aberta a Oficina de Turismo durante as fins de semana e festivos. Así, en total, o punto de información abrirá 2 de maneira ininterrompida de 10:00 h a 20:00 h de luns a venres”. “Esta ampliación de horarios de atención ao público tamén se fará efectiva os sábados, domingos e festivos desde as 10:30 a 14:00 h. Esta ampliación de horario é posible durante estes meses de verán tras a incorporación de dous traballadores á oficina. Durante este período só funcionará en horario de mañá os días 14, 15, 16, 18 e 25 de agosto, ademais das fins de semana” indican, evitando informar que a ampliación de persoal débese a unha subvención específica outorgada pola Deputación Provincial a tal fin. Tal vez se deba a que esta axuda foi deseñada por un área que dirixe o BNG no bipartito provincial.

Ademais, o goberno local anunciou que poñerá en marcha un “programa de paseos polo río Mandeo ata Os Caneiros” na Diana Cazadora, para a que acaba de privatizar o servizo de limpeza, mantemento e goberno da embarcación. Esta actividade desenvolverase todos os martes e xoves durante os meses de xullo e agosto excepto do 14 ao 25 de agosto coincidindo coas festas patronais. A embarcación partirá ás 11:00 h do Paseo da Tolerancia. Desde media hora antes as persoas interesadas poderán adquirir a entrada, para o que terá que haber un grupo mínimo de dez maiores de idade. O prezo será de 5 euros para adultos e 1 euro para crianzas, de catro a doce anos. A capacidade máxima da viaxe será de 55 persoas.

Advertisements