PP e BN compiten nas redes para apuntarse o tanto de amañar o saneamento na Eira Vella

A praza de Enrique IV ou Eira Vella

O 2 de febreiro deste ano a mesa de contratación propoñía ao goberno local adxudicar o contrato de “mellora da rede de saneamento de fecais e pluviais na praza de Enrique IV” á empresa Excavaciones y obras Melchor SL. O contrato prevé un prazo de tres meses para a execución dos traballos, segundo a información detallada no perfil do contratante do Concello.

Agora que se inician os traballos financiados pola Deputación Provincial co Plan de Acción Social (PAS) 2015 con máis de 95 000 euros, PP e BN pretenden patrimonializar unhas obras que os veciños da Eira Vella reclamaron durante anos con solicitudes e recollidas de sinaturas.

Cronoloxicamente os primeiros foron a marca local de En Marea, que pretende facer ver que o inminente inicio dos traballos está ligada cunha moción que presentaron en abril na que facían referencia a varios problemas da Ponte Vella. “Somos unha forza útil para Betanzos” aseguran, a pesar de que nesa altura, contra o que sosteñen tanto na moción coma no seu facebook, a obra xa estaba adxudicada, a tenor da información que o Concello dá no seu perfil de transparencia.

O PP foi máis fino, lembrando que presentaran unha moción en 2013 pedindo que esta actuación se incluíse na proposta de obras nalgún dos plans provinciais, algo que chegou dous anos despois. “Casi 5 años después, desde el ejecutivo local anuncian esta actuación, quizás podremos decir ese dicho de “más vale tarde que nunca”, aunque en muchas ocasiones la tardanza provoca mayor deterioro, mayor malestar, mayores deficiencias, pero bueno…” ironizan. Aseguran que preguntarán os prazos de execución, que veñen determinados no prego e no acordo publicados no perfil do contratante e que calquera persoa pode comprobar directamente.

Advertisements