Rescatadas catro persoas nunha barca afundida preto de Gandarío

Vista aérea da praia de Gandarío

Catro persoas que viaxaban nunha embarcación foron rescatadas onte por membros de Protección Civil de Bergondo e Oleiros nunha cala próxima á praia de Gandarío. A barca sufriu unha vía de auga nas proximidades do areal, polo que os ocupantes pediron socorro. Os voluntarios de Protección Civil, que efectuaban uns exercicios na zona, atopáronos xa en terra e evacuaronos a través dun chalé situado na costa. A barca foi remolcada á praia e desde alí levada a terra con axuda dun tractor.

Advertisements