Os 75 alumnos do IES Francisco Aguiar que foron a selectividade aprobaron

Unha vista dos xardíns do IES Francisco Aguiar

Todos os alumnos do IES Francisco Aguiar que se presentaron á nova selectividade aprobaron a proba nesta convocatoria de xuño.  O centro considera máis meritorio este resultado polo número de estudantes que acudiron á proba, 75, o que o sitúa como un dos centros do país que máis alumnos envía á proba de avaliación. Tamén destaca o instituto as altas cualificacións obtidas, xa que nove alumnos superaron o nove e dezaoito o oito. A isto súmase que seis estudantes desta promoción lograron matrícula de honra nas súas notas e outros quince optan ao premio extraordinario de Bacharelato.

Advertisements