A CEMIT organiza dous cursos básicos de informática

Acceso á Aula CeMIT, no antigo convento de San Domingos

A aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta, ubicada no centro cultural do exconvento de San Domingos, acollerá, do 26 ao 29 de xuño, un curso de capacitación dixital titulado Iniciación á informática, dirixido a persoas sen coñecementos previos e con interese en iniciarse no uso do ordenador. Esta actividade desenvolverase en horario de 16.00 a 18.00.

Do 3 ao 10 de xullo será a quenda do curso Procesador de textos: writer, dirixido á poboación en xeral con coñecementos básicos de informática. Neste curso terán ocasión de coñecer os fundamentos dun procesador de textos, tales como formato, táboas, inserir obxectos, corrección ortográfica, etc. Será entre as 10.00 e as 12.00 horas. Durante todo o verán organizaranse actividades formativas, dentro do mesmo programa.

Advertisements