O concello de Bergondo anuncia que desaloxará as praias as 4 da mañá a noite de San Xoan

Vista aérea da praia de Gandarío

Gandarío e O Pedrido serán desaloxados ás catro da madrugada ante a previsión de mareas vivas. A esa hora será obrigatorio apagar as ‘lumeiradas’ e saír da praia. O dispositivo comezará xa pola tarde, para vixiar que non se introducen nas praias materiais non permitidos como palés, mobles ou botellas de cristal. En Gandarío ademais delimitarase unha zona onde non se poderán facer lumeiradas. Tamén se colocarán máis contenedores na zona.

Advertisements