O Concello pide que a Xunta lle permita dar os permisos para obras no camiño inglés

Igrexa de San Martiño de Tiobre, no Camiño Inglés

O Concello de Betanzos expresou onte o seu malestar polo atraso “de xeito evidente inexplicable” dos organismos competentes á hora de autorizar obras menores en vivendas situadas na zona de afección do Camiño Inglés.

O Executivo municipal asegura recibir as queixas de “moitos veciños” que agardan desde fai cinco ou seis meses por un permiso para “facer algún traballo dos catalogados como obra menor en inmuebles” que se atopan en “algunha zona de influencia”, na maior parte dos casos, por ou impacto no trazado do Camiño.

“Algúns destes traballos só poden realizarse durante o verán polo que algúns dubidan de poder realizar as obras a tempo”, lamentan desde o Concello nun comunicado remitido aos medios.

O alcalde, o socialista Ramón García, insta á Xunta e á Fegamp a “tomas as medidas oportunas e fixar os prazos que correspondan para evitar prexuízos aos veciños”. Desde o Goberno local propoñen a Xunta e Fegamp que senten as bases dun acordo que permita que, “en función da magnitude das obras, sexa a Administración local a que outorgue os permisos”. O Executivo argumenta que os concellos dispoñen de persoal técnico que pode realizar “un control exhaustivo do cumprimento das normativas tanto en obras públicas como privadas”. O Goberno local incide que este acordo permitirá evitar os “numerosos trámites administrativos que actualmente son necesarios para realizar en cada un dos organismos afectados por determinadas obras”.

Advertisements