Os Plenos de Abegondo e Carral acordaron solicitar a Area Metropolitana

As corporacións dos concellos de Abegondo e Carral aprobaron onte en pleno de xeito unánime solicitar á Xunta que inicie os trámites administrativos para constituír a área Metropolitana da Coruña. O rexedor abegondés, José Antonio Santiso, propuxo o acordo para dar un novo impulso á tramitación, tras meses pendente dun consenso previo na corporación coruñesa que aínda non se produciu.

O mandatario local aposta porque a administración autonómica sexa a que lidere o proceso, tendo en conta ademais que a entidade deberá crearse mediante unha lei que terá que aprobar o Parlamento galego. Santiso explicou aos concelleiros que os servizos e funcionamento do Área Metropolitana deberanse definir durante o proceso e antes da súa aprobación definitiva. “Hoxe o que estamos é manifestando que queremos un Área Metropolitana e que pedimos que a Xunta que a impulse”. O rexedor sostivo que é “absolutamente imprescindible” que exista consenso para garantir o éxito e futuro da entidade e houboo votaron a favor no Pleno o PP, AxA e Foro Veciñal.

Santiso defendeu tamén o funcionamento do Consorcio As Mariñas xa que, segundo el, sempre se baseou no acordo e sen maiorías de poboación ata que a administración central obrigou a realizar cambios. E manifestou o seu desexo de que os grupos municipais coruñeses dialoguen e alcancen un acordo. Abegondo cumpre así o acordo alcanzado o pasado día 2 de xuño no encontro mantido cos seus homólogos que continuarán no Consorcio.

Advertisements