Bergondo mantén as súas actividades náuticas en Gandarío malia o peche ao baño decretado por contaminación

Juan Fariña (sentado), voceiro de En Marea e tenente alcalde, e detrás a alcaldesa de Bergondo, Alejandra Pérez (PSOE)

O goberno municipal de Bergondo desafiou a orde de peche ao baño da praia de Gandarío adoptada por Sanidade tras detectar elevadas concentracións de bacterias asociadas á contaminación por augas fecais durante todo 2016. O executio de PSOE e En Marea mantén a programación deportiva e de lecer para menores no areal desoíndo a recomendación sanitaria a pesar de que a Xunta xa anunciou o traslado a Miño das actividades náuticas do albergue xuvenil da praia.

Segundo o bipartito bergondés, hai analíticas actuais que sustentan o seu incumprimento da recomendación de baño na praia, polo que mantén os cursos de suf e piragua para os menores do municipio dentro da súa programación estival. Anuncia que “valorará outras medidas” se, a medida que avance o verán as súas analíticas confirman os datos dos da Xunta. O pasado ano segundo foi avanzando o verán a concentración de augas fecais na auga que baña o areal foi incrementándose, con peches puntuais ao baño que finalizaron coa recomendación de non bañarse. Os avisos instalados polo goberno local, porén, son insuficientes e de pequeno formato.

A decisión do goberno de PSOE e Anova de manter as actividades náuticas na praia pechada ao baño está a provocar un aluvión de críticas entre a veciñanza, en redes sociais e conversas. Cuestiónase que desde febreiro é coñecida a prohibición de baño en Gandarío e que hai alternativas- O Pedrido ten unha lámina de auga con calidade “suficiente”, o nivel máis baixo de calidade apto para o baño, sendo o único areal apto do concello. O bipartito insiste en que nas últimas analíticas  Gandarío obtivo mellores resultados que outras praias da contorna e teima en ter alí as actividades para menores de entre 7 e 15 anos.

Advertisements