Cuerda volverá a protagonizar a Semana de Cine betanceira

O director, guionista e productor de cine José Luís Cuerda será o protagonista da Semana Internacional do Cine de Betanzos, segundo avanzou onte o goberno local na presentación da oferta de actividades de verán. O realizador de Albacete xa protagonizou unha edición do certame na primeira etapa desta cita e, a raíz diso, foi tamén o pregoeiro do San Roque de 2004.

A cita é un curso de verán da Universidade da Coruña que organiza o profesor José Paz Gago e, a pesar do empeño do executivo local, non logra suscitar o entusiasmo da veciñanza.

O programa estival presentado onte polo executivo inclúe campamentos para nenos, festivais musicais e de artes escénicas, talleres de fotografía, cómic ou dj para mozas, visitas guiadas e eventos festivos como os Caneiros e a Feira  Franca Medieval.

Advertisements