A Xunta remozará a fachada do CEIP Vales Villamarín

Imaxe do CEIP Vales Villamarín

A Consellería de Educación sacou a contratación por 411 512 euros as obras de rehabilitación do colexio Vales Villamarín. Os traballos inclúen o illamento da fachada, a renovación da carpintería metálica, a sustitución das lámpadas e o pintado do interior, que mantén a estética setentera da fábrica orixinal.

As obras foron anunciadas o pasado marzo polo delegado provincial, Ovidio Rodeiro, que afirmou que este investimento de 411 000 euros converterán ao Vales nun “centro de referencia”. O representante da Xunta vincula a aparencia estética do centro á vangarda educativa, esquecendo que a dimensión do xigante- mil alumnos de matrícula e dous edificios distantes uns 500 m- complica a tarefa educativa, para a que o goberno galego se nega a incrementar persoal e docentes especializados.

O PP xa se apresurou a vincular, nas redes sociais, as obras que levan décadas adiándose no colexio que escolariza aos nenos de Betanzos, Coirós e Paderne con diversas xuntanzas dos seus edís con cargos do PP en Educación para apuntarse o investimento público.

Advertisements