Bendrade festexa mañá o San Xoán da Rosa

Oza-Cesuras celebrará mañá a tradicional romaría campestre de San Xoán da Rosa, que reúne aos veciños do lugar de Bendrade en torno á capela e a un manancial deste recuncho da parroquia de Porzomillos, no extinto concello de Oza. Os festexos comezarán ás 13.30 horas cunha misa solemne seguida dunha sesión vermú amenizada por Blue Star.

Advertisements