O PP denuncia un pacto PSOE-BN-BeC para aprobar o orzamento sen recoller suxestións

O voceiro do PP, José Ángel Rodríguez

O PP denunciou, a través da súa conta oficial na rede social facebook, que o executivo local non convocou ningunha xuntanza nin pediu achegas para os orzamentos. Indica que na mañá do 14 de xuño recolleron o borrador no Concello e que contaban con que “al igual que sucedió el pasado año, convocarían un pleno extraordinario durante el mes de julio para su debate”.

“Hoy, una semana después de haberlos recogido, nos hemos “encontrado” los presupuestos en el orden del día del pleno ordinario del próximo martes 27 de junio” explican. Aseguran que “nos nos han convocado a una reunión de la Comisión pertinente, ni nos han pedido sugerencias simplemente los llevan al pleno”.

O PP sospeita que as contas elaboradas polo goberno local do PSOE “ya tienen apoyos suficientes para aprobarlos”. Aseguran que “las marcas betanceiras de MAREAS – PODEMOS- Betanzos Novo e Betanzos en Común, o edil elixido na candidatura de CxG que abandonou o partido quedando coa acta- seguramente les votarán a favor”. Advirten que con esta manobra o PSOE poderá aprobar as contas, “pero al prescindir del partido mayoritario en la oposición prescinden también de los betanceiros que apoyaron a ese partido”.

O BNG valorou as contas o pasado mércores. “Supoñemos que todo isto responde a que o goberno local ten algún tipo de acordo con outros grupos para presentar este orzamento en concreto mais descoñecemos o contido dese acordo e en base a que se tomou” aseguraban. Polo momento os implicados, PSOE, BN e BeC, gardan silenzo e resístense a facer público o contido do pacto acadado para aprobar as contas deste ano.

Advertisements