A Xunta rehabilitará a segunda Casa Gótica por 380 000 euros

Plano para a rehabilitación da segunda casa gótica, cedida polos Romay á Xunta

A Consellería de Vivenda e Infraestruturas propón adxudicar as obras de rehabilitación da coñecida como a segunda Casa Gótica de Betanzos por 380.380 euros, unha rebaixa do 13% sobre o importe de licitación. Segundo recolle a acta publicada no perfil do contratante, 21 empresas presentáronse ao concurso, das que oito foron excluídas por baixa temeraria.

Esta vivenda foi cedida pola familia Romay Beccaría ao goberno galego sen aclararse as condicións da cesión logo de que o Concello iniciase un expediente sancionatorio a causa do derrubamento parcial dunha das fachadas. As outras casas que o goberno galego te, a través do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) n no Casco Histórico continúan sen fondos nin prazos para a súa rehabilitación a pesar de que Concello pagou, hai anos, tres estudos para rehabilitar outros tantos inmobles.

Advertisements