Abegondo imparte un curso de autodefensa para mulleres en San Marcos

O colexio de Abegondo ten ao seu carón o pavillón

A sala multiusos do pavillón polideportivo de San Marcos acollerá mañá un taller de autodefensa dirixido a mulleres maiores de 16 anos. A formación, que se enmarca nunha campaña de sensibilización contra a violencia de xénero, ofrecerá 15 prazas. O curso se impartirá en horario de 11.30 a 13.30 horas. As interesadas en participar no taller poden solicitar máis información e inscribirse no departamento de Servizos Sociais do Concello abegondés ou a través do número de teléfono 981 64 79 96.

 

Advertisements