O PP demandará no pleno que o Concello desbroce os solares a monte

Imaxe de arquivo da pista da Condesa parcialmente cuberta de broza

O PP de Betanzos esixirá no próximo pleno que o Concello “execute de forma subsidiaria” os traballos necesarios para limpar as leiras do municipio que se atopan en mal estado de limpeza. Os populares tamén reclamarán ao Goberno local que no prazo de tres meses informe ao resto de grupos da Corporación sobre a cantidade de leiras que o Concello pediu que se limpen.

Os populares aseguran que “no último mes” diferentes colectivos vecinales dirixíronse ao PP para transmitir “diversas queixas”. “Un dos principais malestares é a situación do mal estado no que se atopan numerosas parcelas en distintas áreas do concello, tanto no entramado urbano como no periférico”, afirma o PP. A formación tamén reclamará no próximo pleno que o Goberno local elabore unha ordenanza que marque uns “requisitos mínimos” de accesibilidad nas áreas de xogos infantís.

BN ten presentado outra moción en termos moi similares para limpar un solar nas inmediacións das escolas García Irmáns.

Advertisements