Bergondo reclama á Xunta que faga obras os ríos que cruzan o municipio

Juan Fariña (sentado), voceiro de En Marea e tenente alcalde, e detrás a alcaldesa de Bergondo, Alejandra Pérez (PSOE)

A alcaldesa de Bergondo, Alejandra Pérez, e o responsable de Medio Ambiente, Juan Fariña, mantiveron onte un encontro con responsables de Augas de Galicia para analizar o estado dos ríos que cruzan o municipio. O goberno local solicitou ao organismo autonómico obras de acondicionamento nos ríos Callou, Maior, Xaralleira e Cabanés. O executivo insiste especialmente na necesidade de acometer melloras na canle do Callou para evitar desbordamentos en épocas de fortes choivas.

Advertisements