Feridas dúas persoas maiores na caída dun vehículo nun noiro na N-VI

Dúas persoas resultaron feridas tras caer por unha rabaleira co vehículo no que circulaban á altura de Betanzos, no quilómetro 572 da N-VI, preto das 16.30 horas de onte. Resultaron feridos dous dos ocupantes, dúas persoas de avanzada idade segundo informa o 112.

O persoal do Centro de Atención ás Emerxencias do 112 Galicia alertou ao 061, Bombeiros de Betanzos, Protección Civil e Garda Civil de Tráfico. As dúas vítimas foron evacuadas en ambulancia ao Complexo Hospitalario Universitario da Coruña.

Advertisements