Sada gasta nunha pasarela flotante para bañarse nunha praia pechada ao baño

A Terraza de Sada, próxima á praia das Delicias

O goberno municipal de Sada, que lidera Sadamaioría, marca local de En Marea, acordou instalar unha pasarela flotante para evitar o treito de lama que se extende no areal das Delicias, no que a Xunta desaconsella o baño pola elevada contaminación de augas fecais. O executivo local importou a idea de Huelva, onde se utilizou a mesma solución para un problema similar. Xunto a esta pasarela, instalaranse varias casetas-cambiador de estética modernista e similares tamén para o servizo de salvamento.

Será unha pasarela duns cen metros, que conecte o paseo coa auga sen pisar o areal, de maneira que se evita camiñar pola zona de lodos e entrar directamente na auga. Nesta lámina de auga, segundo as analíticas da Xunta, hai unha elevada concentración de bacterias asociadas a sumidoiros e verquidos fecais, polo que desaconsella o baño por ter unha calidade insuficiente. É a mesma calificación que outorgou, por motivos idénticos, por primeira vez este ano para a praia de Gandarío, en Bergondo.

A final de verán esta última cederase aos mariscadores- actualmente non hai licenzas para marisqueo a pé en Sada- para comprar outra idéntica para salvamento o vindeiro ano, segundo as previsións da concelleira de Cultura e Praias, de SadaMaioría.

Advertisements