Miño anuncia agora a limpeza das praias sen contratar aínda ningunha empresa

Sanchez Oroza-MPA, alcalde- e Veiga-líder do PP- diante dun dos ‘chiringuitos’ das praias

O goberno municipal de Miño anunciou onte, a través dun comunicado,  o comezo do servizo de limpeza de praias. O seu anuncio contrasta coa información que facilita no perfil do contratante, que mantiña onte en curso a licitación. A contratación dunha empresa para que faga estes traballos iniciouse o pasado luns tras anularse o anterior proceso pola denuncia dunha empresa a causa do que o executivo de PP e MPA considera “erros” no prego.

O comunicado do goberno local incluía todos os servizos vinculados ás praias, como a posta en marcha do servizo de socorrismo ou a “apertura da zona ORA en Extremeiro”, pese malia que a modificación da ordenanza que regula as taxas por estacionamento de vehículos está aínda en período de alegacións.

Advertisements