Bergondo asfalta camiños por 400 000 euros

O Concello de Bergondo

O goberno municipal de Bergondo ven de sacar a licitación un plan de asfaltado de camiños por 419.067,33 euros, dos que a maioría proceden de arcas municipais e, outra parte, da Deputación da Coruña. As actuacións de mellora divídense en dous tipos: os proxectos de aglomerado executaranse en vías que xa conten con servizos básicos e para acceso a vivendas; mentres que as actuacións en rego programaranse en vías con servizos pendentes ou sen acceso residencial. O novo contrato céntrase na primeira tipoloxía.

O proxecto levarase a cabo nas parroquias de Bergondo, Babío, Ouces e Moruxo. Serán un total de 15 estradas, onde se realizarán traballos de renovación do pavimento, limpeza, perfilado de beiravías e pintado da sinalización horizontal. As vías afectadas pola construción dos colectores da EDAR de Gandarío tamén serán arranxadas.

Advertisements