O Consorcio valora crear un vertedoiro propio para levar o seu lixo

José Antonio Santiso Miramontes é o alcalde de Abegondo e presidente do Consorcio

O Consorcio das Mariñas estudará a posibilidade de crear un vertedoiro propio, conxunto coa Coruña, en Cerceda. O presidente do organismo supramunicipal e alcalde de Abegondo, José Antonio Santiso,presentou no pleno de onte a proposta de impulsar un recinto propio onde depositar os rexeitamentos da planta de Nostián, que actualmente está pagando por tratar noutros puntos. Varios alcaldes mostráronse favorables a analizar a proposta, na que se propoñería integrarse ao Concello da Coruña, con vistas á constitución do área metropolitana.

O ente supramunicipal aprobou onte, ademais, a adxudicación dos contratos do transporte e tratamento de residuos e de lacería.

Advertisements