Biblos inaugura Xilografías, de Sara Fonseca

O magnolio centenario da praza de Lanzós vese desde a vitrina da Libraría Biblos

Biblos inaugurará ás 20.00 horas desta tarde a exposición Xilografías, de Sara Fonseca. Licenciada en Historia da Arte pola Complutense, a madrileña completou a súa formación con estudos de grabado calcográfico en Madrid e de litografía e xilografía na Fundación CIEC (Centro Internacional de Estampa Contemporánea) de Betanzos.

Advertisements