A Fiscalía mantén a petición de 15 anos de cadea para o acusado de tentar violar ao seu bebé en Betanzos

 

Patio interior dos xulgados betanceiros

A Fiscalía mantivo este mércores a súa petición inicial de 15 anos de prisión para o home acusado de intentar violar á súa filla dun ano de idade en Betanzos, despois de que no xuízo, o acusado recoñecese únicamente a posesión de material de pornografía. A sección primeira da Audiencia Provincial da Coruña acolleu o xuízo contra este home, que permanece no cárcere de xeito provisional por esta causa, acusado de posuír pornografía infantil e de elaborala utilizando para iso ao seu bebé, nacido en 2015, a quen tratou presuntamente de violar.

No xuízo, celebrado a porta pechada ao estar relacionado con menores, o home recoñeceu a posesión de material pornográfico, pero negouse a responder a preguntas vinculadas coa súa bebé, segundo informaron fontes xudiciais. A investigación arrincou en 2016, cando a Policía de Madrid recibiu documentación a través da Embaixada dos Estados Unidos procedente dunha ONG daquel país que acreditaba o envío desde o teléfono móbil do acusado de “fotografías con nenos que participaban en condutas sexualmente explícitas”, segundo apunta o escrito do Ministerio Público.

Durante o rexistro do domicilio, os investigadores localizaron conversacións no seu ordenador vinculadas ao sexo con menores e atoparon numerosas fotografías “nos que aparecen menores de idade en actitudes sexuais”. Entre esas fotografías, o fiscal cre que habería imaxes tomadas á filla, á que trataría de violar, sempre segundo o escrito de acusación. Por estes feitos, a Fiscalía pídelle 15 anos de prisión, dúas condenas de alejamiento da vítima, sete anos de liberdade vixiada, a privación da patria potestade do seu actual e futura descendencia. Con todo, fronte á pena solicitada pola Fiscalía, a defensa pide unha pena máxima de cinco anos de prisión pola posesión de material pornográfico.

Advertisements