O goberno local homenaxeará a Javier Etcheverría pola súa xubilación en Abanca

Antiga oficina do Etcheverría en Betanzos e sede social de Abanca

O goberno local anunciou que promoverá unha homenaxe pública a Javier Etcheverría despois de este abandonar a presidencia de Abanca o pasado mes de xuño. Segundo o goberno local, o expresidente do desaparecido Banco Etcheverría e de Abanca- orixinada á súa vez na privatización e venda das caixas de aforro galegas-  recibirá un tributo aos seus 57 anos de traxectoria profesional. “A vinculación tanto a nivel institucional (directamente co Concello) como con familias e empresas de Betanzos ás que nunca dubidou en ofrecer a súa colaboración fai que, coincidindo coa súa despedida profesional, este Goberno local, faga público un recoñecemento á súa traxectoria”, subliña o alcalde, Ramón García Vázquez.

Advertisements