A Xunta incrementa os controis no Mendo para garantir a calidade da auga ante a seca

A ponte medieval de Roibeira, sobre o Mendo

O Mendo é un dos ríos que está no ollo da Xunta desde hai meses. O escaso caudal dos ríos do país a causa do atípico inverno fai que a Oficina Técnica da Seca, dependente de Augas de Galicia, siga con lupa a calidade dos cursos destinados a suministro potable. O menor dos dous grandes ríos betanceiros baixa cun 38% do seu caudal de media. Un mínimo histórico que de momento non preocupa no sentido de abastecemento domiciliario xa que é superior á necesidade de auga de Betanzos, segundo a Xunta.

Medio Ambiente considera que o subministro está garantido, pero revisa o curso para evitar que un eventual verquido encha o caudal circulante en mínimos e imposibilite o consumo humano. Hai unhas semanas o alcalde de Oza-Cesuras pedíalle á Xunta que borre a área de baño de Reboredo, no Mendo, das zonas de baño do país para non ter que destinar medios municipais a combatir os verquidos que obrigaron a pechala ao baño por contaminación de fecais. Augas abaixo está a captación de Betanzos, entre A Acea e As Cascas.

Advertisements