Apagan un lume nunha escavadora en San Paio

Parque comarcal de bombeiros de Betanzos

Os bombeiros de Betanzos sufocaron o pasado venres a mediodía un lume que se declarou nunha excavadora aparcada na área de descanso da N-651 no lugar da Casilla de San Paio, entre Betanzos e a localidade padernesa de Souto, na parroquia de Tiobre. A máquina desprazouse ao lugar para retirar entullos depositados alí nas últimas semanas e por causas aínda non esclarecidas prendeu lume. As lapas foron rapidamente sufocado e non se propagou á masa forestal do entorno, composta principalmente de eucalipto.

Advertisements