O PP reclamará plans de autoprotección para os edificios municipais

O voceiro do PP, José Ángel Rodríguez

O PP anunciou que volverá solicitar nun pleno, o do próximo agosto, a elaboración ou actualización dos plans de autoprotección e urxencias nas instalacións municipais. Os populares sinalan que esta iniciativa aprobouse en plenos do mandato anterior e que a falta destes plans suscitou queixas en funcionarios e sindicatos. De feito, os conservadores aproveitan que hai uns días a CIG denunciou ante a Inspección de Traballo a ausencia destes plans para presentar a súa iniciativa.

 

 

Advertisements