Portos instala pasos de peón elevados no porto betanceiro

O porto betanceiro

A Consellería do Mar, a través do ente público Portos de Galicia está a instalar pasos de peóns elevados na estrada do porto de Betanzos, a fin de garantir a seguridade viaria nesta zona, unha estrada recta en paralelo ao cauce da ría. Con esta intervención, de 25000 euros de orzamento, preténdese evitar as carreiras que se producen neste entorno así como garantir a seguridade viaria para as tarefas portuarias e para os mozos que practican piragüísmo, xa que o clube náutico está radicado na zona.

Advertisements