Denuncian dous vertedoiros de lodos de depuradoras na Reserva

A asociación ecoloxista Arco Iris ven de denunciar a existencia de cando menos dous vertedoiros ilegais de lodos procedentes de depuradoras en municipios da Reserva das Mariñas. Concretamente, un deles estaría situado en Curtis e o outro, en Sobrado dos Monxes.

Arco Iris solicita aos actuais dirixentes da Reserva que investiguen estes vertedoiros de xeito inmediato para corrixilos e sancionar aos responsables, por atoparse en terreo da Reserva. Advirte a través dun comunicado que a situación será denunciada ante a Unión Europea para que, nun futuro, “se absteña de conceder tan facilmente distincións tan pomposas a lugares e territorios carentes dos mínimos méritos exixibles”.

Advertisements