O Consorcio celebra a primeira xuntanza para o Arteixit

O Consorcio convertirase en mancomunidade das Mariñas

O Consorcio das Mariñas celebra hoxe a primeira reunión da comisión creada para a separación do Concello de Arteixo desta entidade supramunicipal, informa a entidade a través dun comunicado. A entidade formada por Abegondo, Bergondo, Betanzos, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada deu un paso máis para deixar de estar vinculada con Arteixo, tralo anuncio deste último Consistorio de abandonar o Consorcio.

O obxectivo da primeira reunión da comisión foi a constitución do órgano e o abordaje dos primeiros aspectos para o inicio do traballo. Trátase do primeiro paso para despedir a Arteixo antes de incorporar á Coruña no proxecto da Área Metropolitana, que os municipios demandan á Xunta.

Advertisements