O goberno local fai un balance “moi positivo” da Feira Franca Medieval

O goberno local e o comité organizador na presentación da XIX Feira Franca Medieval

O goberno local apresurouse a facer un balance “moi positivo” da vixésima edición da Feira Franca Medieval, clausurada ao facerse as doce da noite do pasado domingo, logo de toda a fin de semana. Segundo un comunicado, o alcalde, Ramón García Vázquez, explicou  manterá cos “técnicos”- en realidade un só, o de promoción desenvolvemento local, e mais o persoal da empresa contratada para organizar o festexo- para facer unha valoración máis “detallada”.

“Os resultados son satisfactorios pola altísima participación que houbo” asegura o rexedor, referíndose en realidade ao número de visitantes que acudiron ao municipio, superior no sábado e domingo aos rexistrados o pasado ano, segundo o Concello.

Para o alcalde, organizar esta festa ten unha gran “repercusión” e sostén que o mercado medieval é “valor seguro” para os vendedores pola cantidade de turistas que se desprazan.

Advertisements