A Xunta financia a ruta do impresionismo do Consorcio, centrada en Lloréns

O Consorcio convertirase en mancomunidade das Mariñas

O Consorcio das Mariñas subscribiu un convenio coa Xunta para divulgar a obra do pintor Francisco Lloréns a través dun roteiro polo territorio do ente supramunicipal. O convenio de promoción turística foi asinado onte polo presidente, José Antonio Santiso, e a directora da Axencia de Turismo de Galicia, Nava Castro. A Xunta financiará 40.000 dos 48.000 euros que ten de orzamento a iniciativa.

O acordo, o segundo coa Xunta para desenvolver as “Rutas do Impresionismo nas Mariñas”, inclúe a elaboración de murais con pinturas de Lloréns en puntos ao aire libre da comarca. Permitirán, ademais de ensinar a obra nun ámbito urbano, eliminar puntos de feísmo. O Consorcio programa catro rutas teatralizadas pola comarca polos puntos que foi plasmando Lloréns nas súas obras. Outra das accións do convenio será a organización dunha exposición itinerante que chegará á Coruña, Lugo, Pontevedra e Vigo. Tamén se editarán folletos turísticos da “Ruta do Impresionismo” e aproveitarase para reeditar o libro de “O Modernismo na Coruña e a súa área metropolitana”.

Advertisements