Dobre cita co audiovisual de produción propia en torno a esta fin de semana

O Edificio Arquivo acollerá este venres a preestrea dun documental seleccionado para a 39 Semana Internacional de Cine de Autor de Lugo. O traballo, do director e guionista de Coirós Fernando Fernández, titulado Historias dun vello camioneiro, unha viaxe no tempo pola vella Nacional-VI, proxectarase na Sala Azul ás 20.30 horas. Na cinta, dúas camioneros recordan a vía fai 50 anos.

O luns Betanzos volverá ter unha nova cita co audiovisual xa que o Café Lanzós acolle a estrea do videoclip O Inmigrante, cunha canción composta e interpretada por David Gómez e dirixido por Fernando de France. A peza está protagonizada por Sole Morais e Amadou e conta con máis veciños betanceiros no equipo, como Sonia Campo ou Ignacio Faraldo. A proxección do videoclip realizarase a partir das 21.00 horas.

 

Advertisements