Jazz para esta fin de semana

As actuacións serán ante a Casa do  Concello

Entre festa e festa, festival. A axenda estival é así e á sombra da Semana de Cine, que non acaba de enganchar co público, agóchase o Betanjazz. É a sexta edición dun festival de jazz máis ben discreto que ofrecerá esta fin de semana as actuacións de Five on Blues Quintet- que abren o venres-, Alfonso Calvo Septet e Os Hot Chocolates- que pechan o domingo. As actuacións celebraranse de venres a domingo na praza da Constitución a partir das 21.30 horas. En caso de choiva ou mal tempo, os concertos trasladaranse ao aula de cultura do Edificio Liceo.

Advertisements