Miño incumprirá os prazos para ter un plan de rescate pola débeda acumulada

Ricardo Sánchez Oroza, alcalde de Miño, coa deputada de En Marea Yolanda Díaz cando anunciaron que pedirían unha moratoria na devolución do empréstito

Cos prazos vencidos xa para aprobar un plan económico-financeiro que permita paliar, atallar e afrontar a complicada situación das arcas municipais, o goberno local de Miño recoñeceu que non levará ao pleno do vindeiro día 17 o necesario plan de rescate. A Intervención municipal ven advertindo desde hai anos da necesidade deste plan de axuste, que nun informe conxunto coa Secretaría exixía xa con urxencia o pasado mes tras desvelar os funcionarios que, contra o que o alcalde anunciara, Facenda non prorrogaría o prazo para devolver o empréstito estatal de 12 millóns de euros para pagar a débeda de Costa Miño Golf.

O alcalde, Ricardo Sánchez (MPA), viuse forzado a admitir onte que incumprirá o prazo que fixara e alegou que ten que pechar os últimos detalles do documento. Asegura que presentará o documento a vindeira semana, fixando un novo prazo. No anterior incumprimento a oposición xa censurara ao rexedor e os seus socios do PP por evitar a presentación do plan de axuste por intereses partidistas.

Advertisements