Os bombeiros excarceran un home na A6

Parque comarcal de bombeiros de Betanzos

Bombeiros de Betanzos axudaron onte, sobre as 06.30 horas, a un condutor a saír do seu vehículo, que envorcara na autovía A-6, á altura de Cambre. O home, que se dirixía ao seu posto de traballo en Camariñas, foi trasladado en ambulancia ao hospital con feridas e consciente segundo informou o 112.

 

Advertisements