Aranga regula por ordenanza as súas axudas de emerxencia social

A ponte medieval sobre o Mandeo dá nome á capital municipal de Aranga

O Concello de Aranga deu luz verde á ordenanza reguladora das axudas de urxencia social. A normativa permanecerá 30 días a exposición pública e, en caso de non presentarse ningunha alegación, quedará aprobada de forma definitiva.

A normativa regula a concesión de axudas para necesidades básicas, gastos relacionados con vivenda e educativos. Os beneficiarios deben levar empadronados en Aranga un mínimo de seis meses.

Advertisements