Asalta, disfrazado, un banco en Oza e leva 10 000 euros

O cuartel da Garda Civil de Betanzos, na praza Alfonso IX

Disfrazado con barba, bigote e perruca postizos e armado cunha pistola, un home atracou onte a sucursal en Oza dos Ríos do Banco Pastor e levou 10 000 euros. A Garda Civil segue a pista do home, que entrou na oficina do Banco Pastor ao redor das dúas da tarde, cando só quedaban no seu interior o director e unha encargada da limpeza.

O atracador tería apuntado ao director da entidade bancaria e esixiu o diñeiro da caixa. O responsable da sucursal accionou unha alarma e, ao decatarse, o home fuxiu sen esperar a que abrise a caixa forte e co diñeiro que había na oficina.

Advertisements