Bergondo convoca bolsas de escolarización para familias por 8000 euros

O edificio da Senra e, ao fondo, o CPI Cruz do Sar

O Concello de Bergondo convocou as axudas para a escolarización de menores para o próximo curso. O Concello destina a este programa unha partida de 8000 euros, da que poderán beneficiarse os escolares de Infantil, Primaria e Secundaria cuxas familias estean incluídas nos programas de intervención dos servizos sociais ou con escasos recursos. O Boletín Oficial da Provincia publicou onte a convocatoria das axudas e dá dez días hábiles para formalizar a solicitude.

 

Advertisements