Cortan o cadro dunha bici para liberar a perna dunha cativa en Sada

Parque comarcal de bombeiros de Betanzos

Unha nena que paseaba na súa bici o sábado polo centro de Sada precisou asistencia dos bombeiros ao quedárselle atrapada unha perna no cadro a consecuencia dunha caída. Bombeiros de Betanzos de desprazaron ao momento, na rotonda situada xunto á Terraza, e tras intentar sen éxito sacar a perna da bici, procederon a cortar o cadro.

A nena, duns 10 ou 12 anos, segundo os efectivos betanceiros, mostrábase nerviosa pero non sufriu lesións. De feito, persoal sanitario acudiu ao momento pero a moza non necesitou ser trasladada. O accidente ocorreu pasadas as 17.30 horas.

Advertisements