O BNG celebrou o Día da Patria Galega en Aranga

O BNG celebrou o día da Patria nas Mariñas cunha festa nacionalista na area recreativa do barranco da loba en Ponte Aranga. Á xornada acudiu Xabier Campos, membro da executiva nacional do BNG, e militantes e simpatizantes do nacionalismo na comarca das Mariñas. A actividade enmarcase nas actividades con que o BNG prepara o día da patria galega “nos que reivindicaremos a necesidade de soberanía para Galiza”, explicou a responsábel do BNG das Mariñas, Cristina López.

Advertisements