Unha avaría na traída deixa Cesuras sen auga por días

Unha vista de arquivo do sanatorio, ubicado no lugar do Paraxón

A traída municipal de Cesuras segue a dar desgustos aos usuarios anos despois de extinguido o Concello. Unha fuga nunha tubería e a posterior rotura dunha xunta na rede de abastecemento de auga deixaron sen servizo a varias vivendas de Cesuras durante días. O Concello asegura que na madrugada de onte reparáronse os desperfectos e o servizo funcionaba sen problemas.

O Concello  asegura que foi unha fisura nas tubaxes o que ocasionou o descenso dos niveis dos depósitos, o que deixou sen abastecemento a varias vivendas, sobre todo das partes altas do antigo municipio. Veciños de Cesuras denunciaron que permanecían sen auga desde o pasado xoves.

O Concello confirmou os problemas e explicou que se tardou en detectar a fisura porque se atopaba sobre un río, de modo que resultaba complicado localizar o vertido. Os operarios municipais achacaron a fisura aos cambios de temperatura. Unha vez reparada esta rotura, precisa o Concello, co aumento de presión de caudal rompeuse unha xunta, o que prolongou os cortes, xa solucionados.

Advertisements