Busto, recital e ofrenda floral recordan a Filomena Dato en Moruxo

O Concello de Bergondo

Unha ofrenda floral e un recital poético lembrarán á poeta Filomena Dato en Moruxo, onde foi soterrada. O acto terá lugar nun parque a carón do cemiterio porque se descoñece o lugar exacto onde repousan os restos da autora. Será o día 26, para facelo coincidir coa data de nacemento, mentres que cando sexa o cabodano, en febreiro, descubrirase un busto dela no mesmo parque. A homenaxe foi promovida pola Asociación Irmáns Suárez Picallo e sumáronse o Concello de Bergondo e mais a Real Academia, que prepara a edición dixital das obras da poetisa.

Advertisements